Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación suxeita á regulación harmonizada para a adquisición de remolques para atención ás emerxencias, cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 05, prioridade de investimento 05.02, obxectivo específico 05.02.01, liña de actuación 40: dotación de equipamento, instalación e infraestruturas de protección civil destinadas á prevención e xestión de riscos derivados de catástrofes naturais e fenómenos relacionados co clima.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=37404

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.16.SU.087.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: 18 remolques para a atención ás emerxencias destinados aos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 34220000-5.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 117, do 21 de xuño de 2016; BOE núm. 151, do 23 de xuño e enviado ao DOUE o 15 de xuño.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 252.892,56 €; importe total: 306.000 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21 de setembro de 2016.

b) Data de formalización: 14 de outubro de 2016.

c) Adxudicatario: Coruña Zona Verde, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 233.000 €; importe total: 281.930,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias