Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 10 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 40, 42.2, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acordo obxecto de notificación ditouno a xefa territorial de Ourense.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense entre as 9.00 e ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede en Ourense, rúa do Concello, número 11, 4º andar.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Ourense, 10 de outubro de 2016

Mª Mercedes Gallego Esperanza
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Persoas interesadas:

– María Luisa Ojea Fernández.

– María del Carmen Nóvoa Torres.

Asunto: reintegro por aboamentos indebidos.

Acto notificado: resolución de reintegro por aboamentos indebidos.