Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 6 de outubro de 2016 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 100 do polígono 121 do termo municipal de Palas de Rei.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 6.10.2016, o cambio de actividade de forestal a agrícola na parcela 100 do polígono 121 do termo municipal de Palas de Rei (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 9.9.2016. O anuncio foi publicado no DOG núm. 189, do 4 de outubro.

Lugo, 11 de outubro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo