Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2016 pola que se dá publicidade á formalización dun contrato (expediente 02/2016 SXT).

Para os efectos do previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, esta consellería dá publicidade á formalización do contrato de subministración de combustible de calefacción, gasóleo C, para os centros de consumo da Rede de enerxía da Xunta de Galicia (Redexga).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 02/2016 SXT.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=31166

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de combustible de calefacción, gasóleo C, para os centros de consumo da Rede de enerxía da Xunta de Galicia (Redexga).

c) Lotes: 4.

Lote 1: subministración de combustible de calefacción, gasóleo C, aos puntos ou centros da provincia da Coruña.

Lote 2: subministración de combustible de calefacción, gasóleo C, aos puntos ou centros da provincia de Lugo.

Lote 3: subministración de combustible de calefacción, gasóleo C, aos puntos ou centros da provincia de Ourense.

Lote 4: subministración de combustible de calefacción, gasóleo C, aos puntos ou centros da provincia de Pontevedra.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 09134000-7 (gasóleos).

e) Acordo marco: non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

g) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 4 de xuño, BOE número 141, do 11 de xuño e DOG número 108, do 8 de xuño de 2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 9.907.559,32 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Lote 1: importe neto 822.414,86 euros. Importe total 995.121,98 euros.

b) Lote 2: importe neto 665.682,21 euros. Importe total 805.475,47 euros.

c) Lote 3: importe neto 750.938,21 euros. Importe total 908.635,23 euros.

d) Lote 4: importe neto 1.098.247,86 euros. Importe total 1.328.879,92 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación (dos 4 lotes do contrato): 14 de setembro de 2016.

b) Data de formalización dos contratos (un por lote): 7 de outubro de 2016.

c) Contratista:

Para os catro lotes: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A.

d) Importe de adxudicación (dos catro lotes do contrato):

Polos importes (desconto expresado en euros/litro sobre o prezo semanal publicado no Boletín do petróleo da CE para o gasóleo de calefacción en España, impostos excluídos) que se reflicten na resolución de adxudicación e nos contratos.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: é a entidade que presenta, en cada un dos catro lotes do contrato, a mellor oferta económica

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2016

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016; DOG núm. 131, do 12 de xullo)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria