Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48100

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (287/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 287/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María López Rodríguez contra Inversiones Hispana Galaica, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 3

A Coruña

Sentenza: 436/2016

Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 287/2014

Demandante: Ana María López Rodríguez

Letrado: Sr. Añón Fraga

Demandada: Inversiones Hispánica Galaica, S.L.

Letrado:

Fogasa

Letrado:

Sentenza 436/2016

A Coruña, 4 de outubro de 2016

Decido:

Estimo a demanda formulada por Ana María López Rodríguez fronte a Inversiones Hispana Galaica, S.L. e, en consecuencia, condénoa a pagarlle á primeira a suma de 2.717,10 euros por razón dos salarios dos meses de novembro e decembro de 2013 e de xaneiro de 2014 así como o xuro por mora do artigo 29.3 ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones Hispana Galaica, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza