Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48102

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (181/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 181/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Cereijo Gago contra Sport Auto Santiago, S.L., Fogasa, foron ditadas as seguintes resolucións:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, catro de outubro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito.

Único. Alberto Cereijo Gago presentou escrito solicitando a execución da sentenza nº 179/16 do 27.6.2016 ditada no procedemento ordinario 231/13, contra Sport Auto Santiago, S.L., Fogasa.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei e debe despacharse esta de conformidade co disposto no art. 237 LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e a solicitude de execución presentada, a cantidade por que se despacha execución é de 9.094,23 euros en concepto de principal (6.778,42 euros en concepto de salarios, pagas extra e vacacións, máis 2.315,81 euros en concepto de xuros de demora do 29.3 ET respecto da cantidade anterior) e de 909,42 euros en concepto provisorio de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se producirían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado tiver cumprido na súa integridade a obriga, se se apreciar falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tiver incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderase incrementar o xuro legal que se debe aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprir na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído, no caso de execución pecuniaria o aboamento dos xuros procesuais, se procederen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedar constituído ou, se for o caso, desde que a obriga declarada no título executivo for exixible, non se lle imporán as custas da execución que se tiveren instado, en aplicación do establecido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto polo/a maxistrado/a, o letrado/a da Administración de xustiza responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 179/16 do 27.6.2016 ditada no procedemento ordinario 231/13, a favor da parte executante, Alberto Cereijo Gago, contra Sport Auto Santiago, S.L., Fogasa, parte executada, polo importe de 9.094,23 euros en concepto de principal (6.778,42 euros en concepto de salarios, pagas extra e vacacións, máis 2.315,81 euros en concepto de xuros de demora do 29.3 ET respecto da cantidade anterior), máis outros 909,42 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co que a executada fica apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título, sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, coa indicación “recurso” no campo de concepto, seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria deberá incluír a seguir da conta referida, separados por un espazo, o código 30 “Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, catro de outubro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito.

Único. Nas presentes actuacións foi ditado auto despachando execución a favor de Alberto Cereijo Gago contra Sport Auto Santiago, S.L., Fogasa, pola cantidade de 9.094,23 euros en concepto de principal (6.778,42 euros en concepto de salarios, pagas extra e vacacións, máis 2.315,81 euros en concepto de xuros de demora do 29.3 ET respecto da cantidade anterior), máis outros 909,42 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispón o artigo 551.3 da LAC que, ditado o auto que contén a orde xeral de execución, o/a letrado/a da Administración de xustiza responsable ditará decreto en que se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens, e as medidas de localización e indagación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que se deba facer ao debedor nos casos en que o estableza a lei, e ditando de oficio as resolucións pertinentes conforme o art. 237 LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Sport Auto Santiago, S.L. a fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 9.094,23 euros en concepto de principal (6.778,42 euros en concepto de salarios, pagas extra e vacacións, máis 2.315,81 euros en concepto de xuros de demora do 29.3 ET respecto da cantidade anterior), máis outros 909,42 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0181 16), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Sport Auto Santiago, S.L. a fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se for o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, art. 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 aberta no Banco Santander, S.A., coa indicación “recurso” no campo do concepto, seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir da conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida de “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sport Auto Santiago, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza