Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47864

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (195/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 195/2014 por instancia de Mónica Álvarez Carral contra a empresa Álvarez Carral e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 28.2.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva.

Estímase a demanda formulada por Mónica Álvarez Carral fronte á empresa Coruña Moda, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Coruña Moda, S.L. a aboar a Mónica Álvarez Carral a cantidade de mil cento sesenta e cinco euros con sesenta e oito céntimos de euro (1.165,68 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta neste xulgado e fágase constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Coruña Moda, S.L. expido e asino a presente notificación.

A Coruña, 3 de outubro de 2016

A secretaria xudicial