Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47866

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (211/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 211/2014 por instancia de Rocío Crespo Purriños contra a empresa Grupo MGO, S.A., a administración concursal da empresa Grupo MGO, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 28.9.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase parcialmente a demanda formulada por Rocío Crespo Purriños fronte á empresa Grupo MGO, S.A., a súa administración concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e en consecuencia, condénase á empresa Grupo MGO, S.A. a aboar a Rocío Crespo Purriños a cantidade de cinco mil cincocentos setenta e seis euros con dezasete céntimos de euro (5.576,17 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 105, vinculando tales cantidades á administración concursal da demandada.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Grupo MGO, S.A. expido e asino a presente.

A Coruña, 3 de outubro de 2016

O secretario xudicial