Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47867

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (170/2014).

Encarnación Mercedes Tubío, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 170/2014 por instancia de Abelardo Arias Illan contra a empresa Lapacar Gran Turismo, S.L. sobre cantidade, en que recaeu sentenza en data do 26.9.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Abelardo Arias Illan fronte a Lapacar Gran Turismo, S.L., desestimando a excepción de inadecuación de procedemento oposta por esta última e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Lapacar Gran Turismo, S.L. a aboar á demandante a cantidade de mil setecentos sesenta euros con dezasete céntimos de euro (1.760,17 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 de la LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando la manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Lapacar Gran Turismo, S.L. expido e asino a presente notificación.

A Coruña, 3 de outubro de 2016

A secretaria xudicial