Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47862

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (619/2016).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 619/2016 desta sección, seguido por instancia de Carmen Villar Estévez contra Instituto Nacional de la Seguridad Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa), Mutua Universal Mugenat, Mutua MC Mutual, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Especialistas en Servicios Auxiliares A Viviendas, S.A., Merca Piso Galicia, S.A.U., GTG Viviendas, S.L., GTI Grupo de Transacciones Inmobiliarias, S.L., Esabe Auxiliares, S.A. sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Carmen Villar Estévez, contra a sentenza con data do 1 de setembro de 2015, ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo, en proceso promovido pola recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, debemos confirmar e confirmamos a sentenza recorrida.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Merca Piso Galicia, S.A.U., GTG Viviendas, S.L., GTI Grupo de Transacciones Inmobiliares, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 28 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza