Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47860

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 619/2016 CRS).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 619/2016 CRS

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 881/2013 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Carmen Villar Estévez

Avogado: Ignacio Eduardo Alen Hermida

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa), Mutua Universal Mugenat, Mutua Mc Mutual, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Especialistas en Servicios Auxiliares a Viviendas, S.A., Merca Piso Galicia, S.A.U., Gtg Viviendas, S.L., Gti Grupo de Transacciones Inmobiliarias, S.L., Esabe Auxiliares, S.A.

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, (…), Carlota Peláez Sabell, José Luis Feijoo Borrego, Juan Carlos Vázquez García, (…), (…), (…), (…), (…)

Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de Xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 619/2016 desta sección, seguido por instancia de Carmen Villar Estévez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa), Mutua Universal Mugenat, Mutua Mc Mutual, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Especialistas en Servicios Auxiliares a Viviendas, S.A., Merca Piso Galicia, S.A.U., Gtg Viviendas, S.L., Gti Grupo de Transacciones Inmobiliarias, S.L., Esabe Auxiliares, S.A., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos. Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Carmen Villar Estévez contra a sentenza de data 1 de setembro do ano dous mil quince, ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo, en proceso promovido pola recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Especialistas en Servicios Auxiliares a Viviendas, S.A., Esabe Auxiliares, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza