Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47858

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (316/2016).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 316/2016 desta sección, seguido por instancia de José Luis Rodríguez Portela contra Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Instituto Social da Mariña, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Luis Rodríguez Portela e Argenova, S.A., sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Social da Mariña e desestimando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Colaboradora da Seguridade Social Mutua Galega contra a sentenza do 31 de xullo de 2015 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia de José Luis Rodríguez Portela contra os recorrentes, a entidade mercantil Argenova Sociedad Anónima e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a sala confírmaa integramente, e, en lóxica consecuencia, condénase a Mutua Colaboradora da Seguridade Social Mutua Galega á perda de depósitos, consignacións e aseguramentos, e ás custas da suplicación, cuantificando en 601 euros os honorarios do letrado impugnante.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estivese exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Argenova, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 setembro de dous 2016

A secretaria xudicial