Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47559

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (135/2016).

Eu, Silvia de Pedro Ortega, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas, fago saber que no presente procedemento exequátur 135/2016, seguido por instancia de Yoslaine Tartabull Costas fronte a Mario Omar Paz Silverio, se ditou auto, cuxo teor literal é o seguinte:

«Auto 184/2016.

Xuíza/maxistrada xuíza: Sonia María Plata Seoane.

Cangas, 13 de setembro de 2016.

Antecedentes de feito.

Único. Con data do 31 de marzo de 2016, presentouse neste xulgado solicitude pola que Yoslaine Tartabull Costas suplicaba que se ditase resolución pola que se outorgase o exequátur á resolución de divorcio de mutuo acordo ditada o 15 de setembro de 2008 (recoñecemento e execución), pola que se acorda o divorcio de Yoslaine Tartabuli Costas e Mario Omar Paz Silverio, así como librar certificación da resolución ao Rexistro Civil de Cangas para que anote, por un lado, o dito matrimonio e, polo outro, o divorcio dos cónxuxes.

Desa solicitude deuse traslado a Mario Omar Paz Silverio sen que comparecese no procedemento e ao Ministerio Fiscal, que emitiu informe favorable sobre a solicitude efectuada.

Parte dispositiva.

Acordo homologar o documento notarial de divorcio presentado e certificado pola rexistradora do Estado civil de Santa Clara, o 3 de novembro de 2015, en que se decreta o divorcio do matrimonio formado por Yoslaine Tartabuil Costas e Mario Omar Paz Silverio.

Contra este auto cabe interpor recurso de apelación, que se deberá presentar no prazo de vinte días.

Así, por este auto, pronúncioo, mándoo e asínoo. Sonia Platas Seoane, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas. Dou fe.

A xuíza maxistrada. A letrada da Administración de xustiza».

E ao estar o dito demandado, Mario Omar Paz Silverio, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cangas, 13 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza