Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47556

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 26 de setembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data, pola que se convocan para a súa provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, varios postos vacantes de persoal licenciado sanitario.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 130, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, os postos vacantes de persoal licenciado sanitario que se relacionan no anexo desta resolución.

As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, sito no Edificio Santa María Nai do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, planta -3, dirixidas á xerente de Xestión Integrada, no prazo de 15 días hábiles contado desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 26 de setembro de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de sección de Anestesia-Área de Unidade da Dor no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a de sección de Anestesia-Área de Reanimación no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a de sección de Anestesia-Área Cirúrxica no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a de sección de Neurocirurxía no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a de sección de Neurofisioloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a de sección de Oftalmoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a de sección de Oncoloxía Médica no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a de sección de Radiofísica Hospitalaria no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a de sección de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: xefe/a de sección de Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo no Hospital de Verín.

Número de vacantes: 1.