Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47561

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1169/2013).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1169/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julia María Teijeiro Nouche contra a empresa Due Botton, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza:

A Coruña, 15 de abril de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1169/2013, en que foron parte, dun lado como demandante, Julia María Teijeiro Nouche, representada pola letrada Antía Muruzábal e, como demandado, Due Botton, S.L. e Fogasa, que non comparecen malia estaren citados en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, no nome do Rei, a seguinte sentenza:

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Julia María Teijeiro Nouche, debo condenar e condeno a empresa Due Botton, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.897,45 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuro por mora.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Due Botton, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza