Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47563

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 142/2016).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 142/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Matilde Coto Rodríguez contra a empresa Confecciones Marblan, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución de sentenza do 5 de maio de 2016 ditada no procedemento ordinario 610/2015 a favor da parte executante, Matilde Coto Rodríguez, fronte a Confecciones Marblan, S.L., parte executada, por importe de 5.059,65 euros en concepto de principal, máis outros 460 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente execución da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Confecciones Marblan, S.L.:

– Dar audiencia previa á parte demandante Matilde Coto Rodríguez e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que, no prazo de quince días, poidan sinalar a existencia de novos bens. Do seu resultado acordarase o procedente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Marblan, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de setembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza