Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47565

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (511/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 511/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Paz Seoane contra Construcciones Vieiro 13, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza do 20 de setembro de 2016, co número 296/2016, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 1446/2016 sobre despedimento, seguidos por instancia de Antonio Paz Seoane, asistido polo letrado Sr. Alberto Freijeiro, contra a empresa Construcciones Vieiro 13, S.L.».

«Estímase a demanda interposta por Antonio Paz Seoane fronte a Construcciones Vieiro 13, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada con efectos do 20 de xuño de 2016, e debo condenar e condeno a demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza, a razón de 46,70 euros diarios ou ben, á elección da demandada, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante da indemnización de 256,86 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco (5) días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen optar, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada XAT en función de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Vieiro 13, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza