Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47396

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 272/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 272/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Ortigueira Ojea contra Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. sobre cantidade, foi ditada sentenza con data do 20 de setembro de 2016 e número 275/2016 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do tenor literal a seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 272/2013 sobre procedemento ordinario, seguidos por instancia de Manuel Ortigueira Ojea, representado e asistido pola letrada Sra. Romero Salgado; contra Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., que non compareceu ao acto do xuízo oral; e contra o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes...

Que, estimando integramente a demanda interposta por Manuel Ortigueira Ojea, contra Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. e o Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a suma de 2.493,59 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza