Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47394

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de resolución (DOI 204/2014).

DOI despedimento obxectivo individual 204/2014

Procedemento orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: Manuel Miguens Leis

Avogado: Fernando Peche Villaverde

Demandados: Tragsa Empresa de Transformación Agraria, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Pablo Rey Magán, Javier Pazos Nieves, Jorge Candeira Iglesias, Benjamín González Fidalgo, Juan Manuel Luna Gago, Rosa Magán Trasande, Eladio Monteagudo Pintos, José Antonio Nogueira Souto, Dolores Piñeiro Bragaña, Severo Rodríguez Gata, Abrahan Vieites Núñez, Jorge Candeira Iglesias, Benjamín González Fidalgo, Abrahan Viéitez Núñez, Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A.

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 204/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Miguens Leis contra a empresa Tragsa (Empresa de Transformación Agraria, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Pablo Rey Magán, Javier Pazos Nieves, Jorge Candeira Iglesias, Benjamín González Fidalgo, Juan Manuel Luna Gago, Rosa Magán Trasande, Eladio Monteagudo Pintos, José Antonio Nogueira Souto, Dolores Piñeiro Bragaña, Severo Rodríguez Gata, Abrahan Vieites Núñez, Jorge Candeira Iglesias, Benjamín González Fidalgo, Abrahan Viéitez Núñez, Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., sobre despedimento, foi ditada a resolución que ten a parte dispositiva seguinte:

«Decido:

Desestimando a demanda interposta por Manuel Miguens Leis contra Tragsa, Tragsatec e contra Jorge Candeira Iglesias, Benjamín González Fidalgo, Juan Manuel Luna Gago, Rosa Magán Trasande, Eladio Monteagudo Pintos, José Antonio Nogueira Souto, Javier Pazos Nieves, Dolores Piñeira Bragaña, Pablo Rey Magán, Severo Rodríguez Gata e Abrahan Vieites Núñez, estimo a excepción de falta de lexitimación pasiva de Tragsatec e, canto ao fondo, absolvo os demandados das pretensións exercidas contra eles.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de cinco días, conforme dispoñen os artigos 194 e seguintes da LRXS.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Severo Rodríguez Gata, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de setembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza