Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47398

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 611/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 611/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Fragio Vázquez contra Excavaciones Migasa, S.L., sobre cantidade, foi ditada sentenza no 20 de setembro de 2016 co número 274/2016 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 611/2013, seguidos por instancia de José Ramón Fragio Vázquez, asistido pola letrada Sra. Ferreiro Abuín, contra Excavaciones Migasa, S.L., que non compareceu ao acto do xuízo oral; tendo sido citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes...

Estimando parcialmente a demanda interposta por José Ramón Fragio Vázquez, contra Excavaciones Migasa, S.L., e o Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 3.731,39 euros polos conceptos e coa desagregación efectuados no feito probado cuarto da presente resolución, máis os xuros previstos no artigo 1108 do Código civil respecto da indemnización (338,11 euros) e os do 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais (3.393,28 euros), desde a presentación da papeleta de conciliación até a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios da letrada da parte demandante polo importe de 200 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non ten lugar a súa condena nesta instancia e débese atender ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza