Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2015 pola que se fai pública a corrección de erros no prego de cláusulas administrativas particulares para a licitación anunciada mediante a Resolución do 27 de setembro de 2013 para a contratación, polo procedemento aberto, do servizo ST-4869 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización do acordo de reestruturación parcelaria na zona de Quins, cofinanciada con fondos Feader do período 2014-2020 (expediente 45/2016).

Antecedentes:

No DOG núm. 189, do 4 de outubro de 2016, publicouse a Resolución do 27 de setembro de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada con tramitación ordinaria, de nove (9) servizos relativos aos traballos preparatorios necesarios en cada fase do proceso de reestruturación parcelaria (Lei 4/2015), cofinanciada con fondos Feader do período 2014-2020 nun 75 %, medida 4.30 (expedientes 41 a 49/2016).

Advertido un erro na carátula do prego de cláusulas administrativas particulares do expediente identificado como 45/2016 (ST-4869 Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización do acordo de reestruturación parcelaria na zona de Quins), no relativo ao prazo e á execución do contrato, unha vez corrixido, publícase a carátula no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=63036.

Como consecuencia desta corrección, na alínea Ñ da carátula onde dicía: «O prazo de execución será de 22 meses contados a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato, sen prórroga (ou prazo menor ofertado polo adxudicatario)», di: «O prazo de execución será de 18 meses contados a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato, sen prórroga (ou prazo menor ofertado polo adxudicatario)». Esta corrección, ademais, afecta as alíneas I e J da carátula.

Permanecen inalterados os aspectos detallados no anuncio de licitación.

Así mesmo, esta corrección afecta o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 9 da Resolución do 27 de setembro de 2016, que queda do seguinte xeito:

«Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de ofertas coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte».

O que se fai público para coñecemento xeral e, en especial, para o das empresas interesadas.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural