Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Foxás-Bendaña (Touro) para seren notificados por comparecencia do acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da concentración parcelaria de Foxás-Bendaña (Touro, A Coruña) que se citan no anexo, para seren notificados do acordo de concentración parcelaria da devandita zona.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto, os interesados poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra o referido acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, consonte o establecido nos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

A Coruña, 28 de setembro de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO
Acto notificado: acordo de concentración
da zona de Foxás-Bendaña (Touro, A Coruña)

Interesados:

María Barral Codesido.

Ramón Pájaro Barral.

Aquilino Trasar Suárez.

José Caneda Mato.

Lourdes Caneda Mato.

Manuel Caneda Mato.

Enrique Hermida García.