Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario, de compoñentes do equipamento de protección individual (EPI) para o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia, durante os anos 2016, 2017 e 2018 (expediente 39/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de complementos para o equipamento de protección individual para o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes: si. Lote 1: botas. Lote 2: chaqueta e pantalón. Lote 3: camiseta. Lote 4: casco. Lote 5: lentes. Lote 6: luvas. Lote 7: máscaras antifume. Lote 8: cubrecalugas ou protectores de colo.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución do acordo marco é ata o 31 de decembro de 2018. O prazo de entrega de cada subministración será de 60 días para o lote 1, de 50 días para o lote 2 , e de 30 días para o resto dos lotes. A entrega do material realizarase nos lugares indicados para o efecto pola Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 35113000, 35113400-3, 35111000 e 18830000.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria. Procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: automáticos, recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento máximo de licitación.

Importe neto: 1.457.610,00 €, IVE (21 %): 306.098,10 €. Importe total: 1.763.708,10 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares). Valor estimado: 1.603.371,00 € (incluídas posibles modificacións).

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas letras H e I da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas.

Definitiva, polos importes seguintes: lote 1: 10.153,50 €, lote 2: 38.850,00 €, lote 3: 8.757,00 €, lote 4: 5.512,50 €, lote 5: 2.968,88 €, lote 6: 2.976,75 €, lote 7: 1.575,00 € e lote 8: 2.086,88 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Enderezo: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 48/981 54 57 37 (consultas administrativas) 981 54 60 56 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=69982

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 7 de novembro de 2016.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores deben presentar mostras, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 18 de novembro de 2016.

11. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios no BOE e DOG, serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao DOUE: 10 de outubro de 2016.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural