Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 22 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a notificación no expediente 2015/150-32.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co ditaminado no artigo 176.bis.1, notifícaselle a Nicasio Mazuela Pérez e Iryna Tkachiv (24271159H-descoñecido) a resolución ditada o 13 de setembro de 2016 polo xefe territorial, relativa ao expediente número 2015/150-32, por descoñecerse nesta xefatura territorial o seu último domicilio.

De acordo cos artigos 779 e 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, contra esta resolución caberá formular oposición perante o Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social.

A persoa notificada ou o seu representante poderán comparecer para coñecemento do contido íntegro do acto e constancia del no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Ourense (rúa Sáenz Díez, 39, baixo. Teléfono: 988 38 65 84) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 22 de setembro de 2016

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense