Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de xogo C-20/16 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de iniciación de expedientes sancionadores, por infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, de xogo de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

De conformidade co establecido no artigo 32.1.a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, e no Decreto 72/2013, do 25 de abril, a competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelle ao director xeral de Emerxencias e Interior.

Noméase instrutora do expediente Margarita Olmo Bosco e secretaria Patricia García Martín, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Os interesados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para exercer o dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coiden convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba. Poden recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

En cumprimento do artigo 42.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, infórmase de que o prazo máximo para resolver e notificar o procedemento é dun ano contado desde o acordo de inicio (artigo 32.2 da Lei 14/1985, do 23 de outubro).

Infórmase, igualmente, de que a tramitación do expediente se realiza na Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

A Coruña, 20 de setembro de 2016

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: C-20/16.

Denunciado: Gil Vázquez Vázquez.

DNI/CIF: 34247993G.

Enderezo: camiño Pipín, 13, 1, 27293 Labio (Castroverde).

Precepto infrinxido: artigo 29.j) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Precepto sancionador: artigo 31.2 da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Multa que se impoñerá se non efectúa alegacións: 3.000,01 €.

Nº de expediente: C-21/16.

Denunciado: Nicolás Alfredo Sande Alonso.

DNI/CIF: 33237824H.

Enderezo: Río Ulla, 30, 2, 27004 Lugo.

Precepto infrinxido: artigo 30 da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Precepto sancionador: artigo 31.3 da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Multa que se impoñerá se non efectúa alegacións: apercibimento.