Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 4 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Administración Local, polo que se lles dá publicidade aos acordos de disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas de Verín, Valdeorras, O Carballiño-O Ribeiro e A Limia, e a súa integración no Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

O artigo 151.2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, sinala que para a disolución dun consorcio se seguirán as mesmas regras e o mesmo procedemento que o establecido nos artigos 143 e 144 da citada lei para a disolución das mancomunidades.

Así, o artigo 143 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, sinala que nos supostos de disolución dunha entidade local a iniciativa corresponderá ao Pleno do Consorcio, de oficio ou por instancia dos concellos que o constitúen. Este acordo someterase a información pública polo prazo dun mes e a informe da deputación ou deputacións provinciais respectivas e da consellería competente en materia de réxime local. Rematado o prazo de exposición pública e recibidos os informes, someterase o acordo de disolución aos plenos dos entes consorciados e resolveranse, ademais, as alegacións presentadas ao respecto. O dito acordo requirirá o voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros de cada unha das corporacións das entidades que integran o Consorcio.

Aprobado o acordo de disolución, pola maioría das entidades consorciadas, o presidente do Consorcio remitirá copia certificada dos acordos á consellería competente en materia de réxime local, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e comunicarallos á Administración central do Estado para os efectos establecidos pola lexislación básica de réxime local.

Deste xeito, os plenos do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras, do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca da Limia, e do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín, nas súas respectivas sesións do día 23 de novembro de 2015; e o Pleno do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro, na súa sesión do 3 de decembro de 2015, aprobaron a disolución dos ditos consorcios e a súa integración no Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento. Os citados acordos foron sometidos a informe da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Deputación Provincial de Ourense.

Logo dos correspondentes informes, todos eles favorables ás disolucións citadas, someteuse o acordo de disolución á ratificación por parte de cada unha das entidades consorciadas:

– Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras: Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e os concellos do Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa de Valdeorras, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras, segundo o Decreto 154/2001, do 14 de xuño, polo que se aproban os seus estatutos.

– Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca da Limia: Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e os concellos de Vilar de Santos, Vilar de Barrio, Sandiás, Sarreaus, Xinzo de Limia, Trasmiras, Os Blancos, Porqueira, Calvos de Randín, Rairiz de Veiga e Baltar, segundo o Decreto 390/2005, do 28 de xullo, polo que se aproban os seus estatutos.

– Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín: Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós, segundo o Decreto 191/2003, do 27 de febreiro, polo que se aproban os seus estatutos.

– Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro: Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense, a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria de concellos do Ribeiro e os concellos de Avión, Beariz, Boborás, O Carballiño, Melón, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cristovo de Cea e Carballeda de Avia, segundo o Decreto 230/2005, do 28 de xullo, polo que se aproban os seus estatutos.

Os respectivos secretarios dos consorcios e entes consorciados remitiron á Dirección Xeral de Administración Local copia certificada dos acordos de disolución dos consorcios para os efectos da súa íntegra publicación no Diario Oficial de Galicia. Os devanditos acordos adoptáronse, conforme o recollido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Respecto do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras:

– O Pleno do Concello do Barco de Valdeorras aprobou, en sesión do 5 de maio de 2016 «A disolución do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras e aceptación da cesión global de activos e pasivos que lle corresponda ao Concello ao Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento nos termos do Acordo do 23 de novembro de 2015 do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras».

– O Pleno do Concello do Bolo aprobou, en sesión do 4 de abril de 2016, por unanimidade dos membros da Corporación «1º. Aprobar a disolución do Consorcio Comarcal contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras. 2º. A disolución terá plenos efectos o 1 de xaneiro de 2016. 3º. A disolución implicará a cesión global ao Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Provincia de Ourense da totalidade de activos e pasivos que integran o patrimonio do Consorcio en 31 de decembro de 2015».

– O Pleno do Concello de Carballeda de Valdeorras aprobou, en sesión do 25 de febreiro de 2016, por unanimidade dos membros da Corporación «1º. Aprobar a disolución definitiva do Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras» cuxa disolución implica a integración no «Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento», achegando ao dito consorcio provincial a totalidade dos activos e pasivos que integran o patrimonio do «Consorcio Comarcal contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras» en 31 de decembro de 2015; ratificando integramente o contido do acordo inicial de disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras, adoptado polo Pleno do dito Consorcio o 23 de novembro de 2015».

– O Pleno do Concello de Larouco aprobou, en sesión do 29 de febreiro de 2016, por unanimidade dos membros presentes da Corporación «Prestar aprobación á disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras, en aplicación e para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 143.1.c) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, por terse integrado no Consorcio Provincial».

– O Pleno do Concello de Petín aprobou, en sesión do 28 de xaneiro de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «Aprobar a disolución do Consorcio Comarcal contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras».

– O Pleno do Concello da Rúa aprobou, en sesión do 7 de marzo de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «Aprobar a disolución do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras».

– O Pleno do Concello de Rubiá aprobou, en sesión do 14 de marzo de 2016, por unanimidade dos membros da Corporación «1º. Aprobar a disolución do Consorcio Comarcal contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras».

– O Pleno do Concello da Veiga aprobou, en sesión do 26 de febreiro de 2016, por unanimidade «Primeiro. Aprobar a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras, con efectos do 1 de xaneiro de 2016. Segundo. Aprobar a cesión global de activos e pasivos que integran o patrimonio do Consorcio da Comarca de Valdeorras en 31 de decembro de 2015 ao Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, entidade en que se integrará e mediante a que se continuará a prestación do servizo e se acadarán os obxectivos do consorcio que se procede a liquidar».

– O Pleno do Concello de Vilamartín de Valdeorras aprobou, en sesión do 10 de maio de 2016, por unanimidade dos membros da Corporación «1º. Aprobar a disolución do Consorcio Comarcal contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras».

Respecto do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca da Limia:

– O Pleno do Concello de Vilar de Santos aprobou, en sesión do 28 de xaneiro de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación, o acordo de inicio de proceso de disolución e cesión de activos ao Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

– O Pleno do Concello de Vilar de Barrio aprobou, en sesión do 2 de marzo de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «Único. A aprobación do acordo de inicio, adoptado polo Pleno do Consorcio Comarcal o 23 de novembro de 2015 segundo consta no certificado do secretario do Consorcio Comarcal, sobre proceso de disolución do Consorcio Comarcal contra Incendios e Salvamento da Limia e cesión de activos ao Consorcio Provincial de Ourense para Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, dentro do procedemento de disolución do ente comarcal para a súa integración no ente provincial».

– O Pleno do Concello de Sandiás aprobou, en sesión do 25 de xaneiro de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «aprobación do acordo de disolución do Consorcio Comarcal contra Incendios e Salvamento da Limia».

– O Pleno do Concello de Sarreaus aprobou, en sesión do 29 de abril de 2016, por unanimidade dos membros da Corporación «1. Disolver o Consorcio Comarcal contra Incendios e Salvamento da Limia, nos termos sinalados no Acordo do 23 de novembro de 2015, adoptado polo Pleno do citado consorcio».

– O Pleno do Concello de Xinzo de Limia aprobou, en sesión do 15 de febreiro de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «Primeiro. Acordar a disolución do Consorcio Comarcal contra Incendios e Salvamento da Limia».

– O Pleno do Concello de Trasmiras aprobou, en sesión do 26 de febreiro de 2016, por unanimidade dos membros da Corporación «1º. Aprobar a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca da Limia, en todos os seus termos de conformidade co acordo adoptado polo Pleno do Consorcio con data do 23 de novembro de 2015».

– O Pleno do Concello dos Blancos aprobou, en sesión do 7 de marzo de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «(...) ratificar a disolución do Consorcio Comarcal contra Incendios e Salvamento da Limia por mor da súa integración nun servizo de ámbito provincial».

– O Pleno do Concello de Porqueira aprobou, en sesión do 4 de marzo de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «Quedando ratificada a disolución do Consorcio Comarcal de Bombeiros por maioría absoluta do Pleno».

– O Pleno do Concello de Calvos de Randín aprobou, en sesión do 25 de abril de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «Quedando ratificado o acordo de disolución do Consorcio de Bombeiros da Limia por maioría absoluta do Pleno».

– O Pleno do Concello de Rairiz de Veiga aprobou, en sesión do 25 de abril de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «Primeiro. Aprobar o devandito acordo adoptado polo Pleno do Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca da Limia, con data do 23.11.2015, dentro do procedemento de disolución do ente comarcal para a súa integración no ente provincial».

– O Pleno do Concello de Baltar aprobou, en sesión do 28 de abril de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación, o acordo de inicio proceso de disolución e cesión de activos ao Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

Respecto do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín:

– O Pleno do Concello de Castrelo do Val aprobou, en sesión do 11 de marzo de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «(...), aprobar a disolución do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín».

– O Pleno do Concello de Cualedro aprobou, en sesión do 31 de marzo de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «(...) aprobar a disolución do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín e a súa integración no Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento».

– O Pleno do Concello de Laza aprobou, en sesión do 10 de marzo de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «Primeiro. Aprobar a disolución do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín, nos termos do acordo que adoptou o seu Pleno o día 23.11.2015, segundo o texto certificado que remitiu o Consorcio con data do 2.2.2016».

– O Pleno do Concello de Monterrei aprobou, en sesión do 6 de abril de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «Acorda aprobar a disolución do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín e a súa integración no Consorcio Provincial de Ourense».

– O Pleno do Concello de Oímbra aprobou, en sesión do 14 de marzo de 2016, por unanimidade dos asistentes «1) Aprobar a disolución do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín e a súa integración nun único Consorcio Provincial».

– O Pleno do Concello de Riós aprobou, en sesión do 22 de abril de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «1º. Aprobar a disolución do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín, nos termos do acordo que adoptou o seu Pleno o día 23.11.2015, segundo o texto certificado que remitiu o dito consorcio».

– O Pleno do Concello de Verín aprobou, en sesión do 29 de febreiro de 2016, por unanimidade dos membros da Corporación «Primeiro. Aprobar a disolución do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín».

– O Pleno do Concello de Vilardevós aprobou, en sesión do 26 de maio de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «Primeiro. Aprobar a disolución do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín, nos termos do acordo que adoptou o seu Pleno na súa sesión extraordinaria do 23 de novembro de 2015, segundo o texto certificado que se remitiu a este Concello de Vilardevós coa data do 2 de febreiro de 2016».

Respecto do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro:

– O Pleno do Concello de Avión aprobou, en sesión do 25 de febreiro de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «...o Pleno do Concello acordou prestar a súa aprobación á disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro».

– O Pleno do Concello de Beariz aprobou, en sesión do 30 de agosto de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «Aprobar a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamendo das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro».

– O Pleno do Concello de Boborás aprobou, en sesión do 31 de marzo de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «Primeiro. Ratificar o acordo de disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro, adoptado en sesión extraordinaria celebrada o 3 de decembro de 2015».

– O Pleno do Concello do Carballiño aprobou, en sesión do 7 de abril de 2016, por unanimidade dos membros da Corporación «1º. Aprobar a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro».

– O Pleno do Concello do Irixo aprobou, en sesión do 31 de maio de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «Primeiro. Aprobar definitivamente a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro, de acordo co disposto na sesión do Pleno do Consorcio do 3 de decembro de 2016».

– O Pleno do Concello de Maside aprobou, en sesión do 10 de febreiro de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «Primeiro. Aprobar a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro».

– O Pleno do Concello de Melón aprobou, en sesión do 1 de xuño de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «...a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro».

– O Pleno do Concello de Piñor aprobou, en sesión do 31 de maio de 2016, por unanimidade dos membros da Corporación «Primeiro. Aprobar a disolución definitiva do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro».

– O Pleno do Concello de Punxín aprobou, en sesión do 31 de marzo de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «1º. Acordar a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro».

– O Pleno do Concello de San Amaro aprobou, en sesión do 26 de febreiro de 2016, por maioría absoluta dos membros da Corporación «Primeiro. Aprobar a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro».

O Pleno do Concello de San Cristovo de Cea aprobou, en sesión do 30 de maio de 2016, por unanimidade dos membros da Corporación «1º. Aprobar a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro».

– O Pleno do Concello de Carballeda de Avia aprobou, en sesión do 16 de febreiro de 2016, por unanimidade dos membros da Corporación «Aprobar a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro, de conformidade co previsto no artigo 143.1.c) de Lalga».

– O Pleno do Concello de Ribadavia aprobou, en sesión do 28 de xaneiro de 2016, por unanimidade dos membros da Corporación «Primeiro. Acordar a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro, ratificando o acordo adoptado polo Pleno do Consorcio na súa sesión extraordinaria celebrada o pasado 3 de decembro de 2015».

– O Pleno da Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria de Concellos do Ribeiro aprobou, en sesión do 27 de abril de 2016, por unanimidade dos membros da Corporación «1º. Aprobar definitivamente a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Ribeiro e do Carballiño, nos termos recollidos no acordo adoptado polo Pleno do Consorcio o 3 de decembro de 2015».

Pola súa banda, o Pleno da Deputación Provincial de Ourense, en sesión ordinaria do 31 de marzo de 2016, tomou os seguintes acordos por maioría de votos:

«1º. Aprobar definitivamente a disolución do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras, nos termos recollidos no acordo adoptado polo Pleno do Consorcio o 23 de novembro de 2015».

«1º. Aprobar definitivamente a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín, nos termos recollidos no acordo adoptado polo Pleno do Consorcio o 23 de novembro de 2015».

«1º. Aprobar definitivamente a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca da Limia, nos termos recollidos no acordo adoptado polo Pleno do Consorcio o 23 de novembro de 2015».

«1º. Aprobar a disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro, nos termos recollidos no acordo adoptado polo Pleno do Consorcio o 3 de decembro de 2015».

No mesmo sentido, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 30 de xuño de 2016, adoptou os seguintes acordos:

«Ratificar o acordo adoptado polo Pleno do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín, o 23 de novembro de 2015, de disolución do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín e integración deste no Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento».

«Ratificar o acordo adoptado polo Pleno do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro, o 3 de decembro de 2015, de disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro e integración deste no Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento».

«Ratificar o acordo adoptado polo Pleno do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca da Limia, o 23 de novembro de 2015, de disolución do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca da Limia e integración deste no Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento».

«Ratificar o acordo adoptado polo Pleno do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras, o 23 de novembro de 2015, de disolución do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Valdeorras e a integración deste no Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento».

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2016

O director xeral de Administración Local
P.S. (Disposición adicional terceira do Decreto 72/2013;
DOG núm. 91, do 14 de maio)
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza