Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47285

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (875/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 875/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Flora Gómez Outeiral contra Frutas Rías Baixas, S.L., Natalia Torrado Viturro, Tomate Más Fruta, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución di así:

«Resolvo:

Que, unha vez presentada a demanda por instancia de María Flora Gómez Outeiral contra Natalia Torrado Viturro, a entidade Tomate Más Fruta, S.L. e a entidade Frutas Rías Baixas, S.L., dou por desistida a demandante das demandadas Natalia Torrado Viturro e a entidade Frutas Rías Baixas, S.L., absólvoas de todas as peticións formuladas na súa contra e rexeito as demandas interpostas por instancia de María Flora Gómez Outeiral contra a entidade Tomate Más Fruta, S.L., a cal debo absolver de todas as peticións formuladas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtense as partes de que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle efectúe a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial co núm. 1596, clave 65. Debe indicar no campo concepto «recurso» seguido do código «34 social suplicación» e acreditarao mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta aberta de depósitos e consignacións a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario en primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Frutas Rías Baixas, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza