Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47287

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (132/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 132/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Manuel Míguez Torres contra a empresa Autos Lobelle, S.A. sobre ordinario, se ditaron a seguintes resolucións, Auto e Decreto do 23.9.2016 cuxas partes dispositivas se achegan:

«Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Manuel Míguez Torres, fronte a Autos Lobelle, S.A., parte executada, por importe de 7.500 euros en concepto de principal, máis outros 517,40 euros que se fixan en concepto de xuros de demora, máis 801,74 euros que se calculan provisionalmente gastos e costas, sen prexuízo de posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o letrado da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. La letrada da Administración de xustiza».

«Parte dispositiva:

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Autos Lobelle, S.A., dar audiencia previa á parte actora Manuel Míguez Torres e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado de acordará o procedente.

Poñer en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do auto de data 23.9.2016 polo que se despacha execución con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o que se despachou execución (artigo 551.3 punto final).

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e no seu caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

El/la letrado/a da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Autos Lobelle, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza