Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47067

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 281/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 281/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ysmenia Coita Fajardo contra a empresa Mianka Tintorerías, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxos antecedentes de feito e parte dispositiva se achega:

«Sentenza:

A Coruña, 22 de setembro de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 281/2014 sendo parte neste, dun lado como demandante Ysmenia Coita Fajardo, asistida pola letrada Beatriz Orosa García, e como demandada Mianka Tintorerías, S.L. e Fogasa que non comparecen, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito:

Primeiro. Pola parte demandante presentouse demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, en que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Parte dispositiva:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Ysmenia del Carmen Fajardo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Mianka Tintorerías, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 240,94 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Mianka Tintorerías, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza