Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47065

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (772/2015).

Eu, Xema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento DCT 772/2015 seguido por instancia de Natalia María Martínez Torres fronte a Cristian Marcelo del Valle ditouse sentenza, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decido:

Estimo a demanda presentada pola procuradora Cristina María del Río Recouso, en nome e representación de Natalia María Martínez Torres, contra Cristian Marcelo del Valle, en rebeldía procesual e, en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 23 de decembro de 2011 inscrito no tomo 82, páxina 79 da Sección Segunda do Rexistro Civil de Vigo, con todos os efectos legais que a devandita declaración leva consigo. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se tivesen outorgado. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal. Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Vigo.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás que se lles advirte que contra esta cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá preparar dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación ante este xulgado e que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior resolución foi lida, e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe».

E encontrándose o devandito demandado, Cristian Marcelo del Valle, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 21 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza