Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47064

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (315/2014).

Eu, Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente, anuncio que no presente procedemento, seguido por instancia de Gabriela Hermida Barbosa fronte a Marcio Moreira Barros, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Tomás Farto Piay, maxistrado substituto deste Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, viu as presentes actuacións de divorcio consensuado número 315/2014, tramitadas ante este xulgado por instancia de Gabriela Hermida Barbosa, baixo representación procesual acreditada do procurador dos tribunais Pedro Sanjuán Fernández e coa asistencia da letrada María Margarita Adrio Taracido, contra Marcio Moreira Barros, e con intervención do Ministerio Fiscal na condición de parte».

«Resolución.

Estimando a demanda consensuada interposta, debo declarar e declaro a disolución legal por causa de divorcio do matrimonio formado por Gabriela Hermida Barbosa e Marcio Moreira Barros, con aprobación do convenio regulador subscrito entre os cónxuxes con data do 10 de abril de 2014, que se encontra incorporado ás presentes actuacións.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil en que conste inscrito o matrimonio, co obxecto de que se practique a oportuna inscrición marxinal.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso, coa excepción do recurso de apelación que considere oportuno promover o Ministerio Fiscal en interese dos fillos menores ou incapacitados.

Así, por esta miña sentenza, da cal se deixará testemuño en autos, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, Marcio Moreira Barros, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 1 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza