Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47062

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (333/2015).

DCT divorcio contencioso 333/2015

Procedemento orixe: separación mutuo acordo 395/2002

Sobre divorcio contencioso

Eu, Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de María Teresa Martínez Míguez fronte a Juan José Fontán Ruibal, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

«Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co número 333/2015, en que é parte demandante María Teresa Martínez Míguez, representada polo procurador Carlos Vila Crespo e asistida polo letrado David Pérez Barreiro, e como parte demandada, Juan José Fontán Ruibal, declarado en rebeldía procesual.

Resolución:

Estimo a demanda presentada polo procurador Carlos Vila Crespo, en nome e representación de María Teresa Martínez Míguez, contra Juan José Fontán Ruibal, en rebeldía procesual, e en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 8 de decembro de 1987, que foi inscrito no tomo 107, páxina 234 da Sección Segunda do Rexistro Civil de Pontevedra, con todos os efectos legais que a dita declaración implica, e mantendo a atribución do uso do domicilio familiar a favor de María Teresa Martínez Míguez, acordado na sentenza de separación.

Todo isto sen facer expresa imposición das custas.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Pontevedra.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, que quedan advertidas de que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá preparar dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación ante este xulgado, e que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, Juan José Fontán Ruibal, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 21 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza