Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46952

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (20/2014).

Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente,

Anuncio.

No presente procedemento seguido por instancia de Mafari Café, S.L.U. fronte a Ankarr Villagarcía, S.L.U. e Purificación Carracedo López ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 147/2016.

Pontevedra, 29 de xullo de 2016.

Vistos por Cristina Delgado Moro, maxistrada-xuíza en substitución por causa de abstención do Xulgado de Primera Instancia número 2 de Pontevedra e o seu partido xudicial os presentes autos de xuízo ordinario número 20/2014 sobre responsabilidade contractual, promovidos por instancia da mercantil Mafari Café, S.L., representada polo procurador Sr. Sanjuan Fernández e asistida polo letrado Sr. Cuiñas Rodríguez, contra a mercantil Ankarr Villagarcía, S.L., en situación de rebeldía procesual, e contra Purificación Carracedo López, representada polo procurador Sr. Abalo Villaverde e asistida polo letrado Sr. Guillán Pedreira, constando suficientemente acreditadas as súas circunstancias persoais en autos.

Decido.

Estimar integramente a demanda interposta polo procurador polo procurador Sr. Sanjuan Fernández en nome e representación da mercantil Mafari Café, S.L. fronte á mercantil Ankarr Villagarcía, S.L.U., en situación de rebeldía procesual, e fronte a Purificación Carracedo López, representada polo procurador Sr. Abalo Villaverde, e declarar resolto o contrato celebrado entre as partes o 2 de xaneiro de 2007, condenar a mercantil Ankar Villagarcía, S.L.U. a devolver os bens entregados pola demandante e que figuran referenciados en albará H01/153, condenar a mercantil Ankar Villagarcía, S.L.U. e a Purificación Carracedo López a aboar de forma conxunta e solidaria á mercantil Recreativos Mafari, S.A. a cantidade de 3.888,46 euros.

Todo iso con imposición das custas causadas á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e comuníqueselle que fronte a esta cabe recurso de apelación cuxo coñecemento lle corresponde á Audiencia de Pontevedra, debendo interpoñerse este ante este xulgado no prazo de 20 días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, acórdoo, mándoo e asinoo».

E encontrándose o devandito codemandado, Ankarr Villagarcía, S.L.U., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 29 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza