Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46954

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 251/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 251/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael Sánchez Francesena contra Benjamín Osorio Ogando, Antonio Ríos Ferrol e Benjamín Ríos y Otro, S.C., Francisco Ríos Ferrol e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto 403/2016.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, vinte e un de setembro de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 21 de febreiro de 2013 tivo entrada neste Xulgado do Social número 1 demanda de reclamación de cantidade presentada por Rafael Sánchez Francesena fronte a Benjamín Osorio Ogando, Antonio Ríos Ferrol, Benjamín Ríos y Otro, S.C. e Francisco Ríos Ferrol.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación/xuízo para o día 29 de setembro de 2016 ás 13.00 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación non compareceu o demandante, que estaba debidamente citado, e compareceu a parte demandada.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispón o artigo 83.2 da LXS que se o demandante, citado en forma, non comparecese nin alegase xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou do xuízo, o letrado da Administración de xustiza no primeiro caso, e o xuíz ou tribunal no segundo, terano por desistido da súa demanda.

Alternativamente, a aplicación subsidiaria da LAC en canto á desistencia expresa do demandante debe entenderse á luz do que dispón o seu artigo 20.2, con independencia da distinta canle procesual que se deba seguir. No caso da xurisdición social, e tratándose dun procedemento sometido plenamente ao principio de oralidade, tras a manifestación expresa do demandante de desistir da súa demanda, debe concluírse coa necesidade de ditar a resolución a que se refire o artigo 20.3 da LAC, ao non constar oposición expresa da contraparte.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por desistido a Rafael Sánchez Francesena da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Benjamín Osorio Ogando, Antonio Ríos Ferrol, Benjamín Ríos y Otro, S.C. e Francisco Ríos Ferrol.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución sen máis trámites.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes, á parte demandante por medio de edictos que se publicarán no DOG e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguido do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Rafael Sánchez Francesena, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza