Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46951

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (925/2014).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Anuncio:

No presente procedemento ordinario 925/2014 seguido por instancia de Recreativos Mafari, S.A., fronte a Juan Carlos Martínez Méndez ditouse sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Que estimando integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Sanjuan Fernández en nome e representación da mercantil Recreativos Mafari, S.A. debo:

– Declarar resolto o contrato privado de instalación e cesión de dereito de exclusiva de máquinas recreativas asinado polas partes o de xuño de 2012.

– Condenar a Juan Carlos Martínez Méndez a aboar á mercantil Recreativos Mafari, S.A. en concepto de cláusula penal por incumprimento contractual a cantidade de 9.321,44 euros.

Todo iso con imposición das costas causadas á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e comuníqueselles que fronte a esta cabe recurso de apelación no prazo de vinte días ante este xulgado».

E encontrándose o devandito demandado, Juan Carlos Martínez Méndez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 28 de xullo de 2016

O/a letrado da Administración de xustiza