Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46949

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1376/2016-PM).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 1376/2016 PM

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 127/2015 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Marina Alonso García

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Laurentino Díaz Navarro, Laurentino Díaz Val, herdanza xacente de Aurora Val Sánchez

Avogado: Jesús Lorenzo Cuervo, José Daniel Pérez de Lis Fernández

Procuradora: Isabel María Castiñeiras Fandiño

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1376/2016 desta sección, seguidos por instancia de Marina Alonso García contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Laurentino Díaz Navarro, Laurentino Díaz Val, herdanza xacente de Aurora Val Sánchez, sobre outros dtos. seg. social, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da demandante Marina Alonso García, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social núm. 5 de Vigo, de data 2 de febreiro de 2016, recaída en proceso de invalidez permanente, promovido pola referida recorrente, fronte aos demandados Laurentino Díaz Navarro, Laurentino Díaz Val, a herdanza xacente de Aurora Val Sánchez, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a herdanza xacente de Aurora Val Sánchez, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza