Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2016 Páx. 46676

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (935/2014).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 935/2014, seguido por instancia de Gerardo Carballal Villaverde, Rosa Carballal Villaverde, Alfonso Carballal Villaverde, José Carballal Villaverde, Irene Brocadio Villaverde, contra Alicia Carballal Fernández, Purificación Fernández Rodríguez, Alba Carballal Fernández, Sara Cristina-herdeiros descoñecidos Portela Villaverde, Manuel Carballal Fernández, Gustavo José Pérez Fernández, sobre declaración de herdeiros ab intestato nos cales, por resolución de 6.9.2016 se acordou a sentenza de 13.5.2016 que literalmente paso a transcribir a continuación:

«Sentenza

En Vigo o 13 de maio de 2016.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, os autos de xuízo ordinario número 935/2014 promovidos por Rosa Carballal Villaverde, Alfonso Carballal Villaverde, Irene Alicia Brocadio Villaverde, José Carballal Villaverde e Gerardo Carballal Villaverde, todos eles representados pola procuradora dos tribunais Susana Arca Veloso e asistidos pola letrada Emma Alonso Méndez, contra Manuel Carballal Fernández, Alba Carballal Fernández, Alicia Carballal Fernández e Gustavo José Pérez Fernández, representados pola procuradora dos tribunais Marta Barreiro Carrillo e asistidos pola letrada Isabel Pérez Expósito, e contra os herdeiros descoñecidos e incertos de Sara Cristina Portela Villaverde, herdeiros descoñecidos e incertos de Bernardino Nicolás Portela Costas, herdeiros descoñecidos e incertos de Juan José Portela Costas e herdeiros descoñecidos e incertos de Flora Nicolás Portela Costas, todos eles en rebeldía procesual, autos dos cales resultan os seguintes:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Rosa Carballal Villaverde, Alfonso Carballal Villaverde, Irene Alicia Brocadio Villaverde, José Carballal Villaverde e Gerardo Carballal Villaverde, todos eles representados pola procuradora dos tribunais Susana Arca Veloso, contra Manuel Carballal Fernández, Alba Carballal Fernández, Alicia Carballal Fernández e Gustavo José Pérez Fernández, representados pola procuradora dos tribunais Marta Barreiro Carrillo, e contra os herdeiros descoñecidos e incertos de Sara Cristina Portela Villaverde, herdeiros descoñecidos e incertos de Bernardino Nicolás Portela Costas, herdeiros descoñecidos e incertos de Juan José Portela Costas e herdeiros descoñecidos e incertos de Flora Nicolás Portela Costas, todos eles en rebeldía procesual, e, en consecuencia, declaro que son herdeiros ab intestato de Sara Cristina Portela Villaverde os seguintes parentes de cuarto grao, todos os cales herdarán por partes iguais:

Irene Alicia Brocadio Villaverde.

Manuel Carballal Villaverde.

José Carballal Villaverde.

Rosa Carballal Villaverde.

Alfonso Carballal Villaverde.

Alfredo Carballal Villaverde.

Gerardo Carballal Villaverde.

Non se efectúa expresa imposición de custas.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer no prazo de vinte días recurso de apelación ante este xulgado do que coñecerá, se é o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Encontrándose os demandados, herdeiros descoñecidos e incertos de Sara Cristina Portela Villaverde, herdeiros descoñecidos e incertos de Bernardino Nicolás Portela Costas, herdeiros descoñecidos e incertos de Juan José Portela Costas e herdeiros descoñecidos e incertos de Flora Nicolás Portela Costas, todos eles en rebeldía procesual, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Vigo, 6 de setembro de 2016

O/a letrado/a da Administración de xustiza