Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2016 Páx. 46674

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 410/2016 BC).

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 189/2015. Xulgado do Social número 1 de Ferrol

Recorrente: José Rodrigo Prieto Hermida

Avogado: Manuel Casal Fraga

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Ferrolterra Pintores, S.L.

Avogada: Serv. Xurídico Seg. Social, Sonsoles María Sueiro Lemus

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da sala segunda do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 410/2016 desta sección, seguido por instancia de José Rodrigo Prieto Hermida contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Ferrolterra Pintores, S.L. sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que con desestimación do recurso interposto por José Rodrigo Prieto Hermida, confirmamos a sentenza que con data do 24.9.2016 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega e a empresa Ferrolterra Pintores, S.L.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Ferrolterra Pintores, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza