Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46564

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes

EDICTO (69/2015).

Eu, Patricia Cacheda Varela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes, por este edicto,

Anuncio:

No procedemento de filiación 69/2015, seguido por instancia de José Antonio Viqueira Vieites contra os herdeiros descoñecidos e incertos de Luis Pedro Concheiro Iglesias, ditouse a Sentenza do 29 de xuño de 2016 cuxa resolución contén o particular do teor literal seguinte:

«Que, desestimando integramente a demanda presentada pola representación de José Antonio Viqueira Vieites contra os herdeiros descoñecidos e incertos de Luis Concheiro Iglesias, debo absolver e absolvo todos eles de todas as pretensións formuladas na súa contra.

Non se fai expresa imposición de custas procesuais.

Esta resolución non é firme e contra ela poderase interpor por escrito perante este xulgado, dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña».

Ao estar os ditos demandados, herdeiros descoñecidos e incertos de Luis Pedro Concheiro Iglesias, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación.

Ordes, 29 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza