Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46562

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (688/2015).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste procedemento de divorcio 688/2015 se ditou a seguinte sentenza:

Sentenza nº 466

En Vigo, 16 de setembro de 2016.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 688/2015, sobre disolución do matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante Ana Beatriz García Román, representada pola procuradora dos tribunais María Lorea Hermida Amatriain e con asistencia letrada de María Dolores Vázquez Iglesias, contra Ángel Lorenzo Díaz Fernández, declarado en situación procesual de rebeldía, con base no seguinte:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais, Sra. Hermida Amatriain, en nome e representación de Ana Beatriz García Román, contra Ángel Lorenzo Díaz Fernández, declarado en situación procesual de rebeldía, declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, cos efectos legais inherentes á dita declaración.

Non procede establecer unha pensión de alimentos a favor da filla común con cargo ao demandado.

Non se fai unha especial imposición en materia de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá de ser o caso perante este xulgado dentro dun prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Para que conste e para a súa notificación a Ángel Lorenzo Díaz, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto.

Vigo, 20 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza