Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46560

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (41/2016).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste procedemento de divorcio 41/2016 se ditou a seguinte sentenza:

Sentenza nº 447

En Vigo o 9 de setembro de 2016.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 41/2016 sobre disolución do matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante José Casas García, representado pola procuradora dos tribunais Olga Martínez Villanueva e con asistencia letrada de Arantxa González Comesaña, contra María Sofía Mujico Pérez, declarada en situación de rebeldía procesual, con base no seguinte:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais, Sra. Martínez Villanueva, en nome e representación de José Casas García contra María Sofía Mujico Pérez, declarada en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, perante a Audiencia Provincial.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Para que conste e para a súa notificación a Sofía Mujico Pérez, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto.

Vigo, 20 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza