Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46565

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de citación (despedimento 320/2016).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 320/2016

Procedemento orixe:

Sobre despedimento

Demandante: María Cruz Solla Figueira

Avogada: María Salomé Cancela Romero

Demandados: Cubreiro, S.L., Promocor Inversiones, S.L., Hercor Inversiones, S.L., Restauración Rías Bajas, S.L., Promociones Viguesas La Montina, S.L., Coroma Gestión, S.L., Maocor Gestión, S.L., Ocio Sangenjo, S.L., Fogasa

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María Cruz Solla Figueira contra Cubreiro, S.L., Promocor Inversiones, S.L., Hercor Inversiones, S.L., Restauración Rías Bajas, S.L., Promociones Viguesas La Montina, S.L., Coroma Gestión, S.L., Maocor Gestión, S.L., Ocio Sangenjo, S.L., Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co nº despedimento/cesamentos en xeral 320/2016 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Promociones Viguesas La Montina, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 25.10.2016 ás 11.30 e ás 11.35 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e acudindo con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Promocións Viguesas La Montina, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 16 de setembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza