Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46554

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 808/2016-RJ).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 808/2016

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 28/2013 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrentes: José Ángel Couto Ares, Juan Manuel Ferro Saavedra

Avogada: María Luisa Arosa Barbeira

Recorridos: Fogasa, Semar Aluminio, S.L.

Eu, Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 808/2016 desta sección, seguido por instancia de José Ángel Couto Ares, Juan Manuel Ferro Saavedra contra Fogasa, Semar Aluminio, S.L. sobre incidentes de execución, foi ditada a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 12 de xullo de 2016.

O anterior escrito subscrito pola letrada María Luisa Arosa Barbeira, en nome e representación de José Ángel Couto Ares, Juan Manuel Ferro Saavedra, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para compareceren por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, presentando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, acreditando a representación da parte, de non constar previamente nas actuacións.

Non figurando ata o día da data as certificacións de sentenzas interesadas, solicítense do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, Las Palmas, Castela e León e Andalucía para que se remitan o antes posible.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a esta resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Semar Aluminio, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza