Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46556

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Lugo (Sección Primeira - Civil)

EDICTO (186/2016).

No presente procedemento, recurso de apelación 186/2016, seguido por instancia de Comunidad de Propietarios Estrada Vella de Santiago 80-82-84-86 Lugo fronte a Manuel Martínez López, Jesús Quiroga López, Alejandro Copa Vilar e Costrucciones Cardeñoso, S.L., este último declarado en situación de rebeldía, ditouse Sentenza número 207/2016, cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«Sentenza 207/2016

María Zulema Gento Castro

Darío Antonio Reigosa Cubero

María Purificación Prieto Picos

Lugo o once de maio de dous mil dezaseis.

Visto en grao de apelación ante esta Sección Primeira, da Audiencia Provincial de Lugo, os autos de procedemento ordinario 1146/2012, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, aos cales correspondeu a peza recurso de apelación (LACN) 186/2016, en que aparece como parte apelante Comunidad de Propietarios Estrada Vella de Santiago 80-82-84-86 Lugo, representada pola procuradora dos tribunais Isabel Ángela Cendán Fernández e asistida polo avogado Francisco González González, e como parte apelada, Manuel Martínez López e Jesús Quiroga López, representados pola procuradora Ana María Fernández Santos e asistidos polo avogado Sr. Fernández Varela, tamén apelado Alejandro Copa Villar, representado polo procurador dos tribunais, Álvaro Martín-Buitrago Calvet, asistido pola avogada Begoña Santos Fernández, e tamén apelada Costrucciones Cardeñoso, S.L., en situación de rebeldía procesual, sobre vicios na construción, en que é maxistrada relatora María Purificación Prieto Picos.

Decidimos que debemos estimar e estimamos parcialmente o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Comunidad de Propietarios do edificio sito en Estrada Vella de Santiago números 80-82-84-86 de Lugo contra a sentenza impugnada, coa conseguinte revogación parcial desta, no sentido de que se condena a Costrucciones Cardeñoso, S.L. á reparación dos defectos construtivos acreditados nos termos indicados no fundamento de dereito cuarto desta sentenza. No demais, confírmase a sentenza impugnada. Todo iso sen imposición de custas.

Devólvase á consignante o depósito constituído para recorrer.

Contra a devandita resolución non cabe recurso ordinario ningún, sen prexuízo de que poida interpoñerse o recurso extraordinario de casación ou por infracción procesual, se concorre algún dos supostos previstos nos artigos 469 e 477 da Lei de axuizamento civil, caso en que o prazo para a interposición do recurso será o de vinte días, debendo interpoñerse o recurso ante este mesmo tribunal.

Así, por esta nosa sentenza, da que se unirá testemuño á peza de sala, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Así mesmo, como complemento da anterior sentenza, ditouse auto aclaratorio co seguinte encabezamento e resolución:

«Autos

Maxistrados:

María Zulema Gento Castro

Darío Antonio Reigosa Cubero

María Purificación Prieto Picos

En Lugo o un de xuño de dous mil dezaseis.

Parte dispositiva

Esta sala acorda que procede aclaración solicitada no sentido de que procede impoñer á entidade Comunidad de Propietarios Estrada Vella de Santiago 80-82-84-86 de Lugo as custas causadas nesta alzada aos apelados Manuel Martínez López e Jesús Quiroga López, sen especial imposición das demais que houbo nesta segunda instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Acordárono os maxistrados anotados na marxe do que eu, secretario, certifico».

E encontrándose o demandado, Costrucciones Cardeñoso, S.L., en paradoiro descoñecido, e despois de declararse a súa rebeldía procesual, de conformidade co disposto nos artigos 156.4, 164 e 497.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente edicto notifícase a Costrucciones Cardeñoso, S.L., o contido de ambas as dúas resolucións, dado o seu ignorado paradoiro.

Lugo, 15 de xuño de 2016

Gonzalo Lobato Andrés
Letrado da Administración de xustiza da Audiencia
Provincial de Lugo, Sección Primeira