Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 6 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de cancelación das solicitudes de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2012/0031 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a cancelación das súas solicitudes de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no TEU do Boletín Oficial del Estado.

Dado que este acto non se publica na súa integridade, de conformidade co previsto nos artigos 60.2 e 61 da LRX-PAC, o texto íntegro das resolucións que se notifican están á disposición, xunto co resto da documentación do expediente na sede da Xefatura Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Lugo, 6 de setembro de 2016

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/Pasaporte

LU-2012/0031

Pedro Ángel Rodríguez Pena

33343459Z

LU-2014/0030

Ricardo Antonio Prado Núñez

33343141H

LU-2014/0166

Pablo Rey Méndez

Yanira Otero Cotarelo

33541323D

34285654Z

LU-2014/0174

Fátima-Zahara-e Bouzekkora

BD4020383

LU-2014/0220

Ledys Mayelin Triana Rodríguez

33556674L

LU-2015/0066

Elis Margarita de Jesús de la Cruz

VM181348