Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a desistencia no procedemento de contratación documentalmente simplificada, mediante procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con varios criterios de adxudicación, da redacción do proxecto básico e de execución dunha pista de atletismo hidráulica cuberta e da execución da obra de instalación da pista no recinto feiral de Expourense en Ourense (expediente 1/2016).

Mediante Resolución do 7 de xullo de 2016, o secretario xeral para o Deporte acordou a desistencia do procedemento de contratación documentalmente simplificada, mediante procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con varios criterios de adxudicación, da redacción do proxecto básico e de execución dunha pista de atletismo hidráulica cuberta e da execución da obra de instalación da pista, no recinto feiral de Expourense en Ourense (expediente 1/2016), anunciado no Diario Oficial de Galicia núm. 72, do 15 de abril.

A dita resolución ditouse nos termos establecidos nos artigos 155.2 e 155.4 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, o que se fai público para coñecemento xeral.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2016

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte