Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46576

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 521/2014).

Procedemento ordinario 521/2014

Sobre ordinario

Demandante: María del Pilar González Doval

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Demandados: Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., TEX-BI, S.L.U., Sumer Gestion, S.L., KPMG Concursal, S.L.P., Blancofashion, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Avogado/a: Fogasa

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 521/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Pilar González Doval contra TEX-BI, S.L.U., Sumer Gestion, S.L., sobre ordinario, ditouse auto o 5.10.2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva:

Acordo estimar o recurso de reposición interposto pola parte demandante, María del Pilar González Doval, fronte á dilixencia de ordenación do 7 de xuño de 2016 e revógoa no sentido de acordar remitir requirimento ás demandadas para que acheguen no acto de xuízo a seguinte documentación, en virtude do disposto no artigo 94 LRXS:

1. Parte de alta e baixa da demandante na Seguridade Social.

2. Todos os contratos de traballo asinados coa demandante.

3. Nóminas da demandante dos meses de outubro de 2011 ata o mes de decembro de 2013.

4. Xustificantes de aboamento das mensualidades desde outubro de 2011 ata o mes de decembro de 2013.

5. Cuadrantes horarios dos centros de traballo en que prestou servizos a demandante, e partes de traballo diarios da demandante asinados por esta, desde outubro de 2011 ata o mes de decembro de 2013, así como o calendario de vacacións correspondente ao ano 2013.

6. Boletíns de cotización, relación de nóminas dos traballadores, TC1 e TC2 desde outubro de 2011 ata decembro de 2013.

7. Escrituras de constitución das sociedades demandadas.

8. Documentos das comisións percibidas pola demandante desde xaneiro de 2013 ata decembro de 2013, ambos os dous meses inclusive.

Contra esta resolución non cabe interpoñer ningún recurso, sen prexuízo de reproducir a cuestión ao recorrer, se for procedente, a resolución definitiva.

E para que sirva de notificación en legal forma a Summer Gestión e a TEX-BI, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza