Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 31 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá publicidade a unha resolución pola que se outorga unha autorización ambiental integrada.

De conformidade co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á seguinte resolución:

Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se outorga a autorización ambiental integrada núm. 2008/0072_NAA/IPPC_302.

Proxecto: ampliación de explotación avícola de produción

de carne en Gomeán

Procedemento: autorización

ambiental integrada

Titular: Avícola Arribada, S.C.

Expediente núm.: 2008/0072

Localización: concello do Corgo

Data: 24.8.2016

Esta resolución pódese consultar no seguinte enlace:

http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental