Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46523

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 26 de setembro de 2016 pola que se autoriza a baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da Escola de Música Municipal de Forcarei (Pontevedra).

A Escola de Música Municipal de Forcarei inscribiuse no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia en virtude da Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 5 de xullo de 2006 (DOG número 149, do 3 agosto).

O Pleno do Concello de Forcarei, titular do dito centro docente, adoptou acordo relativo á súa baixa no citado rexistro.

A Orde do 11 de marzo de 1993 regula as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia. O Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, establece que lle corresponde á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino en toda súa extensión.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar a baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música cuxos datos se sinalan:

Denominación: Escola de Música Municipal de Forcarei.

Código: 36024690.

Titular: Concello de Forcarei.

Enderezo: rúa Maleitas.

Localidade: Forcarei.

Concello: Forcarei.

Provincia: Pontevedra.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria