Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46522

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2016.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlles publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda no segundo cuadrimestre do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda no segundo cuadrimestre de 2016

Descrición

Data da sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e a empresa Viguesa de Transportes, S.A., como contratista do transporte urbano municipal, para a integración do Concello de Vigo na Área de Transporte Metropolitano de Vigo e para a determinación das condicións de compensación tarifaria e obrigas asociadas a ela na Área de Transporte Metropolitano de Vigo.

6.7.2016

202.793

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a aplicación de descontos á mocidade no eido do Plan de transporte metropolitano de Galicia.

3.8.2016

1.313.820